lunes, 9 de noviembre de 2009

NON HAI CON QUEN FALAR

...mo-rri-ña, mo-rri-ña, mo-rri-ña, mo-rri-ña, mo-rri-ña, mo-rri-ña, mo-rri-ña...

Non hai forma humana de atopar un video decente da Pili Pampín no YouTube, estou tan desesperada pola morriña que esta noite soñarei co Luar de Galloso, este sábado farei unha empanada de xoubas se as atopo frescas na Boquería. Choiva, quero choiva, ou poalla ou calquera cousa que sexa húmida e que se me meta nos osos. Quero tortilla do Carballo e ver a marea viva nunha praia calquera. Quero que o conductor do Vitrasa lle tome o pelo a berros á vella que acaba de subir coas bolsas do Alcampo de Coia, entrar nun bar e que os parroquianos estean a falar do Celta. E quero pedir unha caña e que me poñan un pincho de tortilla ghratis...

¡¡¡CONA!!! ¡¡¡QUERO ESTAR NA CASA!!!

E aínda por riba, a mellor canción de Ana Kiro ten a inserción directa desactivada.
Moi mal. Non hai con quen falar

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Au va, si jo vaig escoltar que ets catalana de mena, i t'ho van dir a casa teva i tot!!!! A més, d'aquí a un parell de setmanes, tornaràs a Vigo. Déu n'hi do!!!! ets a Vigo i trobes a faltar Barcelona, ets a Barcelona i trobes a faltar Vigo....sort que tens res a Guadalajara, que si no també. Amb tot i això, jo també vull pedir unha caña e que me poñan un pincho de tortilla ghratis.

Benvingudaaaaa!!!!!

Fino.

LANENITA dijo...

JO NO SOC PAS CATALANA!!!!!!!
En tot cas, catalanofila... aixo sí que es veritat... A veces Jeckyll y a veces Hyde, esto es terrible, ya no sé donde meterme. Necesito un jet privado.

Pero si tuviera que escoger un lugar, solo uno, la decisión sería obvia. Un pincho es un pincho...